Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Folla perenne
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: Verde
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que podemos observar en Galicia en bordos viarios, pastos e prados abandonados, xardíns ou cultivos.
É unha especie que pode acadar 80 cm, moi ramificada, coas ramas patentes (de 90° respecto ao eixo) ou divaricadas (diverxentes e separadas do eixo). As follas novas base son panduriformes, ou sexa con forma de violín, o que dá lugar a algúns dos seus nomes populares. Os froitos teñen valvas dentadas como se pode apreciar nas fotos.
Rumex: nome que deriva do latín rumex, -icis f., en referencia ás follas con forma punzante ou en forma de lanza dalgunhas especies deste xénero.
Pulcher: epíteto latino que significa ben parecido, bonito.