Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Folla perenne
HÁBITATS:
Bosques Pastos Brañas
COR DA FLOR: Branco
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que se pode ver en Galicia nas provincias de A Coruña e Pontevedra e de xeito máis escaso na de Lugo.
Medra en lugares húmidos, taludes rezumantes, cunetas, chans temporalmente encharcados, beiras de cursos de auga ou regatos litorais.
Acada unha altura de 5-50 (70) cm e ten unha roseta de follas basais e outras caulinares alternas, obovadas. As flores son pequenas cunha corola de 3 mm e 5 lóbulos de 1 mm.
Samolus: unha planta que Plinio menciona describindo unha herba que os druidas recollían e usaban contra as enfermidades do gando e dos porcos.
Valerandi: especie dedicada ao botánico flamenco Dourez Valerand (século XVI), que recolleu nas montañas do leste de Francia, Creta e Siria e foi farmacéutico en Lyon, onde creou un xardín con moitas plantas raras, varias das cales son citadas por Jean Bauhin, que casara cun parente seu.