Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Folla perenne
HÁBITATS:
Bosques Pastos Dunas
COR DA FLOR: Verde, vermello.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
En Galicia podemos atopar esta especie en claros de bosque e matogueiras, chans removidos, cunetas, noiros, prados e pastos máis ou menos húmidos, cultivos abandonados ou arenais.
As follas, case todas basais, son compostas, alternas e imparipinnadas cos foliolos dentados.
Inflorescencia na cima en glómerulos compostos por numerosas flores, con flores femininas no ápice e hermafroditas cara a base.
Para diferenciala doutras especies galegas, esta ten os sépalos verdosos, ao contrario que Sanguisorba officinalis onde son púrpuras, cor que lle dá á súa inflorescencia. Outra especie que podería verse en Galicia é Sanguisorba verrucosa, coas caras da úrnula con aspecto de verrugas. A úrnula é un invólucro carnoso (ou seco) que contén os ovarios ou os froitos, como nas roseiras.
Sanguisorba: de sanguis (sangue) e sorbeum (absorber): debido á acción antihemorráxica atribuída ás plantas deste xénero.
Minor: por ser de menor tamaño dentro do xénero.