Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Raíz perenne
HÁBITATS:
Bosques Pastos Dunas
COR DA FLOR: Branco
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que podemos ver dispersa nas 4 provincias galegas e que medra en bosques, pastos, rochedos, chans areosos ou pedregosos.
Planta con bulbiños, que pode acadar 60 cm de alto, ten pelos glandulíferos e glándulas (elipsoidais e esféricas, estipitadas ou sésiles), o que lle dá un tacto algo viscoso, follas de crenadas a palmatilobudas e caenosas, talos floridos ramificados na metade superior en panícula aberta de (1)4-15(45) flores, sépalos de 3-4 mm e pétalos de 8-13 x 3-5 mm. Froito globoso.
Etimoloxía:
-Saxifraga: este nome xenérico provén dos termos latinos saxum (pedra) e frangere (romper). Estas plantas reciben o nome pola súa capacidade, segundo os antigos, para romper pedras coas súas fortes raíces. Así o dixo Plinio, por exemplo.
Sen embargo, este nome que Linneo tomou de Tournefort, actualmente parece que non inclúe as especies deste xénero.
-Granulata: de granulo, diminutivo de granum (granulado, salpicado de gránulos), polo seu aspecto, debido ás glándulas granates que se lle ven polos talos.