DESCRICIÓN:
Esta especie atopámola en Galicia en tódalas provincias, en lugares húmidos.
Diferénciase doutra especie do seu xénero que tamén podemos atopar en Galicia, a Scutellaria galericulata L., por ter esta a corola máis grande (10-23mm), erecto-patente (45°-90° respecto do eixo) de cor azul-violeta e co tubo arqueado na base. A Scutellaria minor Huds. ten unha corola de 6-10mm, patentes (de 90° respecto do eixo) de cor rosado-blanco e co tubo recto.
Scutellaria: do latín scutella, diminutivo de scutus, -i ou scutum, -i que significa escudo. Refírese ao apéndice do cálice, que podemos apreciar na segunda foto.
Minor: epíteto latino que alude ao seu pequeno tamaño dentro do seu xénero.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: