DESCRICIÓN:
Esta especie da familia das orquídeas pode verse en Galicia en pastos, matogueiras, ribazos ou xardíns.
Pode acadar ata 50cm de alto e ten 1-5 tubérculos. As follas en mouta basal e nos talos son linear lanceoladas e miden ata 10 cm de longo.
Ten unha flor característica de cor rosada e púrpura, cun labelo que lembra a unha longa lingua.
Para diferenciala doutras especies hai que fixarse na base do labelo, esta especie ten unha protuberancia na base do labelo, como podemos apreciar na última foto da galería marcada cunha frecha.
Serapias: de Serapis, divindade exipcia da fertilidade.
Lingua: epíteto latino que fai referencia ao alongado labelo que recorda a unha lingua.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: