DESCRICIÓN:
Especie moi común de Silene que pode verse nas 4 provincias galegas, medra en prados, sotobosques e ribeiras en lugares húmidos.
Ten pés femeninos e masculinos e poden verse nas fotos as diferentes flores.
Normalmente os pétalos son rosas pero mais raramente poden ser brancos o que pode despistar e confundirse con outra especie.
Silene: o nome do xénero está certamente ligado ao carácter de Silenus (en grego Σειληνός, en latín Sīlēnus), pai adoptivo e titor de Dionysus, representado sempre co ventre inchado, semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene cónica. Aínda que tamén se evocou unha posible orixe (Teofrasto, vía Lobelius, e máis tarde Linneo) do grego σίαλoν (saliva, moco, baba), en alusión á viscosidade de certas especies, ou de σίαλος (gordo), que sería o mesmo que a primeira interpretación, é dicir, inflado, inchado.
Dioica: do grego δις dis dúas veces e οἰκία oikía habitación: dioica, porque as flores masculinas e femininas están en plantas diferentes.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: