Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Dunas
COR DA FLOR: Branco ou rosado
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie de silene podemos vela por toda Galicia, en pastos, cultivos, beiras de camiños, piñeirais e areais costeiros.
De ata 60cm de altura é unha planta case sempre densamente pubescente, con pétalos pequenos, ata 7mm, desiguais entre eles e de borde enteiro ou dentado.
Silene: o nome do xénero está certamente ligado á figura de Silenus (en grego Σειληνός, en latín Sīlēnus), pai adoptivo e titor de Dionysus, representado sempre co ventre inchado, semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene cónica. Aínda que tamén se evocou unha posible orixe (Teofrasto, vía Lobelius, e máis tarde Linneo) do grego σίαλoν (saliva, moco, baba), en alusión á viscosidade de certas especies, ou de σίαλος (gordo), que sería o mesmo que a primeira interpretación, é dicir, inflado, inchado.
Gallica: este epíteto provén do latín gallicus, -a, -um, que significa Gaula, da Galia.