DESCRICIÓN:
Esta especie pódese atopar en toda Galicia en ribeiras, rochedos da beiramar e bordos viarios húmidos.
Silene: o nome do xénero está certamente ligado á figura de Silenus (en grego Σειληνός, en latín Sīlēnus), pai adoptivo e tutor de Dioniso, representado sempre co ventre inchado, semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene cónica. Aínda que tamén se evocou unha posible orixe (Teofrasto, vía Lobelius, e máis tarde Linneo) do grego σάλον (saliva, moco, baba), en alusión á viscosidade de certas especies; ou de σίαλος (gordo), que sería o mesmo que a primeira interpretación, é dicir, inflado.
Latifolia: de follas anchas, do latín latus (ancho) e folium (follas).
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: