Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Pastos Dunas
COR DA FLOR: Rosa
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Esta é a subespecie gallaecica, típica de cantís ou areais costeiros. As follas ou os pétalos bífidos son característicos.
En Galicia poden verse estas subespecies:
Subsp. Gallaecica: propia de cantís ou areais costeiros coas follas de espatuladas a anchamente elípticas.
Subsp. Scabriflora: propias de pastos, aínda que podería verse na costa, coa folla de estreitamente elíptica a lineal.
Subsp. Megacalycina: propia de pastos, co cálice de 20-26mm, máis longo que as outras dúas, que son de 12-18mm.
O nome do xénero está certamente ligado ao carácter de Silenus (en grego Σειληνός, en latín Sīlēnus), pai adoptivo e titor de Dionysus, representado sempre co ventre inchado, semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene cónica. Aínda que tamén se evocou unha posible orixe (Teofrasto, vía Lobelius, e máis tarde Linneo) do grego σίαλoν (saliva, moco, baba), en alusión á viscosidade de certas especies, ou de σίαλος (gordo), que sería o mesmo que a primeira interpretación, é dicir, inflado, inchado.
Scabriflora: epíteto latino que fai referencia ás flores, rugosas.