DESCRICIÓN:
Especie moi común nas 4 provincias galegas, pode verse en pastos bordes viarios ou ribeiras.
Silene: O nome do xénero está certamente ligado ao carácter de Silenus (en grego Σειληνός, en latín Sīlēnus), pai adoptivo e titor de Dionysus, representado sempre co ventre inchado, semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene cónica. Aínda que tamén se evocou unha posible orixe (Teofrasto, vía Lobelius, e máis tarde Linneo) do grego σίαλoν (saliva, moco, baba), en alusión á viscosidade de certas especies, ou de σίαλος (gordo), que sería o mesmo que a primeira interpretación, é dicir, inflado, inchado.
Vulgaris: epíteto latino que significa común, ordinario.