Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: Branco
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Especie arvense que podemos atopar nas 4 provincias galegas, medra en cultivos, terreos alterados ou xardíns. É subcosmopolita, é dicir, que medra en case todo o mundo.
Pode acadar ata 70cm con talos ramificados desde a base, con follas lineares e carnosas que forman pseudoverticilos.
As flores son pentámeras e de 10mm de diámetro aproximadamente. Os sépalos lixeiramente máis curtos.
Unha característica para diferenciala doutras especies do seu xénero que medran en Galicia é o envés das follas cananiculado, como podemos apreciar na foto indicada cunha frecha vermella.
Spergula: de spargeo (espallar), debido á capacidade das plantas deste xénero para producir numerosas sementes pequenas que se dispersan facilmente.
Arvensis: de Arvum, en latín campo, terra cultivable, en referencia ao seu medio de crecemento, en terreos cultivados.