DESCRICIÓN:
Podemos vela en Galicia en bordos viarios ou en campos de cultivo.
É unha especie pequena, en comparación con outras do seu xénero que poden verse en Galicia con talos de 20-50 cm. É decumbente ou procumbente, ou sexa que ten os talos rastreiros ou pouco ergueitos e ten as umbelas (conxunto das flores) laterais e opostas ás follas, non terminais.
Torilis: probablemente da fusión dos xéneros Tordylium e Caucalis.
Nodosa: do epíteto latino nódus (nó), polas súas umbelas, con flores nos nós.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: