DESCRICIÓN:
Pequeno arbusto de ata 60 cm con moita rama que podemos ver nas 4 provincias galegas en bosques, matogueiras ou ribeiras.
As flores son urceoladas (de forma avultada e boca estreita). Os froitos azulados negros miden entre 6-10mm (máis pequenos os silvestres que os cultivados) e son comestibles moi apreciados.
Vaccinium: de vaccinium, planta con bagas negras mencionada por Virxilio, de derivación escura; a explicación máis común conéctao con vaccinus (das vacas); Oxford Latin Dictionary e outros conéctano co grego ὑάκινθος Hyákinthos a través da forma corrupta vakinthos, nome dunha planta con flores violetas; Vander Kloet e outros rexeitan ámbalas dúas hipóteses e relaciónano co diminutivo baccínium de bácca bacca, que produce pequenas bagas.
Myrtillus: diminutivo do xénero Myrtus, semellante a un pequeno mirto.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: