Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Folla perenne
HÁBITATS:
Brañas
COR DA FLOR: Azul, violeta
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie atoparémola en Galicia nas beiras de ríos e regatos, fontes ou lugares encharcados.
Acada ata un metro de alto, ás veces máis. Ten a maioría das follas sésiles, sobre todo as do talo, e tamén follas dentadas, que tenden a ser máis lanceoladas que outra especie acuática, como a Veronica beccabunga, que ten as follas máis redondeadas, todas pecioladas.
O acio da inflorescencia pode ter de 20 a 100 flores que, como todas as do xénero, teñen 4 pétalos. Estes son de cor azul ou lila con veas de azul máis escuro. A corola zigomorfa (de simetría bilateral) é pequena, mide entre 4-9 mm.
Veronica: do nome de Santa Verónica, porque é unha floreciña que aparece na época da Semana Santa.
Anagallis-aquatica: do xénero Anagallis e de aquatica (que vive na auga), polas flores que se asemellan ás da anagallis e polo medio no que vive a planta. Forma latinizada do grego ἀναγαλλίς anagallís, nome dado por Dioscórides a unha planta que se cría que disipaba a tristeza e a depresión, provinte do adverbio ἀνα aná (novo), e de γαλλιάω galliáo (alegrarse, celebrar).