DESCRICIÓN:
Especie procedente da xardinería, naturalizada en gran parte do planeta e que ó parecer procede do sur de Utalia, en Francia. En Galicia pode verse nas 4 provincias, aínda que é máis rara no interior, en calquera lugar húmido.
É gabeadora e ten 5 lóbulos na corola que lembran a unha hélice. Pode diferenciarse da Vinca major L. porque non ten os bordes das follas ciliados (con peliños que superen os 0,4mm).
Vinca: etimoloxía incerta, de pervinco (abafador, queremos dicir enfermidades), ou de pervincio (enredador, con estolóns).
Difformis: a partir da preposición adversativa dīs- e forma (aspecto), diferente en aparencia, diferente (da especie xa coñecida). Quere dicir diferente a outras especies do xénero.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: