DESCRICIÓN:
Fento de distribución macaronésica (Canarias, Madeira e Azores), sur de Italia, Córcega, Creta e naturalizado noutras partes do mundo. Na península ibérica pódese atopar nas serras de Sintra e Gerês, cornixa cantábrica e, en Galicia, nas provincias de A Coruña e Lugo, poucas citas en Pontevedra e ausente en Ourense.
Medra preto de ríos, en bosques ou barrancos sombríos e require dunha alta humidade.
As súas frondes teñen gran tamaño e poden acadar ata 2,5 m.
Woodwardia: xénero adicado a Thomas Jenkinson Woodward (1745-1820), maxistrado e botánico inglés, membro da Linnean Society of London.
Radicans: de rádico (raíz), que emiten raíces desde o talo ou os nós.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: