Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Láminas
HÁBITATS:
Pastos Infértiles
COR DO SOMBREIRO: Branco, tonos marrón.
COR DAS LÁMINAS: Branco - rosa - negro (según madurez).
COR DO PÉ: Branco.
APARICIÓN DO COGOMELO:
Cogomelo de cor branca e tons pardos con chapeu de ata 10 cm cando está aberto. Este está cuberto de finas escamas brancas.
As láminas, inda que comezan de cor crema cando son pequenas, vanse volvendo rosadas para acabar no final do ciclo do cogomelo con esporas de cor negro.
Comeza o seu ciclo como unha bola e vaise facendo un pouco máis alto mentres o sombreiro se estende.
FRECUENCIA: Moi común
COMESTIBLE: Excelente comestible
Gusta dos pastos con esterco, xardíns abonados e camiños onde pase o gando.
A base do pé acaba en forma de cravo. A cor branca con tons marróns. As láminas rosadas.
Frecuente nos pastos de Galicia. Moi relacionado coa gandería.
Hai que coñecer ben este cogomelo para apañalo porque é posible confundilo coa amanita virosa ou amanita verna (que si son mortais).
É máis frecuente confundilo con outros agáricos comestibles como o bitorquis ou o arvensis.
É un dos mellores cogomelos para o seu consumo, por ser sinxelo de atopar en grandes cantidades, pola facilidade de limpeza e preparación e polo seu sabor e textura.