Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Láminas
HÁBITATS:
Pastos Infértiles
COR DO SOMBREIRO: Branco.
COR DO PÉ: Branco.
APARICIÓN DO COGOMELO:
Cogomelo fácil de identificar, xa que a forma do sombreiro é bastante única da especie. Este é elíptico, en forma de ovo alongado ó principio, que logo se volve acampanulado pouco a pouco, e despois chega a licuarse rapidamente nun par de días. O seu crecemento é moi rápido e pode chegar á madurez no mesmo día que sae.
As súas láminas apretadas son primeiro brancas, vanse volvendo rosadas para chegar a ser negras na vellez.
O pé, separado do sombreiro e oco por dentro, engrosa na base e posúe un anel movible branco que igual có pé vólvese pardo coa madurez.
A carne, de cheiro maino, é branca e torna negra coa madurez, no proceso de licuado que sofre todo o cogomelo.
FRECUENCIA: Común
COMESTIBLE: Excelente comestible
En zonas nitrófilas (ricas en nitróxeno) como xardíns, cunetas, bordes dos camiños, pradeiras, vertedoiros.
A forma do sombreiro e a pelusa que o recobre. Debemos fixarnos no proceso de licuación dos exemplares vellos.
Aparece por toda Galicia.
Coprinus atramentarius, máis escuro e en acios máis numerosos, pódese confundir coa barbuda, que aínda que é comestible de pouca calidade, pode ser tóxico se a inxesta se acompaña (antes, durante ou despois) de bebidas alcólicas.