DESCRICIÓN:
Esta pequena aldea abandonada, a carón do río Verdugo, está composta por casas señoriais de pedra, construídas seguindo a arquitectura rural típica galega de hai máis de cen anos. As edificacións, feitas con materiais locais como o granito, presentan un estado de abandono evidente, coas paredes erosionadas polo tempo. A vexetación crece de forma continua e cobre parte das construcións, pero as limpezas periódicas impiden que o lugar se vexa completamente superado pola natureza.
OUTROS DETALLES:
Este lugar tamén se coñece como As Partidas, inda que o topónimo fai máis referencia ás terras onde se localizaba a Aldea dos Carneiros.
Como moitas aldeas de Galicia, esta foise despoboando pouco a pouco debido á falta de bos camiños, dificultados polo terreo escarpado da zona. Ao parecer os últimos habitantes fóronse ao redor de 1950.
REFERENCIAS:
Aldea abandonada, ruinas, A lama, Pontevedra
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN