Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Parroquia: Santa María A Maior
ELEMENTOS IMPORTANTES:
Basílica Igrexa
HÁBITATS:
Urbano
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
Está no casco histórico de Pontevedra. Situada nas inmediacións da muralla antiga no Campillo de Santa María.
Accesos sinxelos, aptos para cadeira de rodas, agás na torre e no museo.
Pódese visitar todo o ano inda que o horario pode variar.
Destacamos o miradoiro da torre das campás.
A súa construción comezou na segunda década do século XVI, e dirixiu as obras o mestre Juan de Cuetos. A fachada, contratada en 1541 a Cornelis de Holanda e Xoán Nobre, comezou a construírse en 1544. Dado que boa parte do financiamento proviña do Gremio de Mareantes, en 1551 paralizáronse as obras debido á escaseza de sardiña. En 1559 pecháronse as bóvedas, e en 1570 pechouse o coro. A torre das campás aínda tardaría bastante en ser rematada. O retablo, finalizado en 1623, foi derrubado e substituído a comezos do século XX, con deseño de Maximino Magariños[1].
Ten un museo interior e un miradoiro no campanario. A ambos pódese acceder dende o interior da igrexa. En 2019 só pedían unha doazón por entrar.
https://es.wikipedia.org/wiki/Bas%C3%ADlica_de_Santa_Mar%C3%ADa_la_Mayor_(Pontevedra)