DESCRICIÓN:
Atópase nunha zona de lecer de pouco máis dunha hectárea, que comprende dous parques infantís, rampla de patinaxe e pista de bicis. Tamén conta con árbores ornamentais, bancos e unha horta urbana.
O máis destacable é o miradoiro. Trátase dun edificio circular dunha planta, e desde o seu tellado ofrece unhas boas vistas da zona: o río Lérez, Monteporreiro, o mosteiro de San Bieito de Lérez ...
É un bo lugar para pasar uns momentos de ocio. Acostuma estar tranquilo e dá unha sensación de naturalidade e integración paisaxística.
OUTROS DETALLES:
Destacamos sorprendentemente os eucaliptos da área recreativa, enormes, espectaculares e preciosos. Cuns tons vermellos e moi ben integrados na zona.