DESCRICIÓN:
É un conxunto de pedras formado principalmente por unha gran pedra a forma de mesado de uns 3x2 metros e 25-30cm de grosor. Outras rochas que parecen partidas danos a idea dalgún tipo de construcción que non se pode determinar facilmente. O que si se observa é unha pequena cova de pouca altura que puido ter diferentes usos co paso do tempo (refuxio en tempos de guerra, almacén de pescadores,...).
Atópase na ladeira dun outeiro cun castro na parte máis alta, o que nos fai pensar nalgún tipo de relación.
Do que non cabe dúbida é da singularidade do lugar, a escasos 10 metros da beira do Lérez e na marxe do Outeiro do Castro.
Tamén suma a beleza da zona, chea de pedras graníticas, pozas e formas singulares o que a converte nun lugar a destacar.