Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plutónicas
CORES: Marrón, rosa, gris, negro, branco.
MINERAIS PRINCIPAIS: Cuarzo, feldespato(Sobre todo ortoclasa e microclina) e mica(biotita e moscovita)
GRUPO: Igneas
ORIXE: Intrusivo
XACEMENTO: Plutón, dique, filón capa
CLASIFICACIÓN: Ácida
CRISTAIS: Euhedral
COR: Claro
Rocha ígnea de orixe intrusivo de cor clara, grans moi grosos e composta por feldespatos (ortoclasa e microclina principalmente), cuarzo e micas (moscovita e biotita).
Este tipo de rocha permite observar perfectamete os minerais que a compoñen xa que estes aparecen en grandes cristais.
Fórmase cando o magma está a cristalizar e a parte fluída e residual se enriquece en compostos ou elementos volátiles, máis lixeiros, como auga, boro, flúor, cloro ou fósforo.
Dáse nos bordes dos filóns graníticos cun enfriamento lento, o que propicia a formación de grandes cristais e a pouca homoxenización da rocha.
Podemos encontrar multitude de pegmatitas con distintos minerais asociados.
As pegmatitas poden conter minerais pouco frecuentes e incluso pedras preciosas e xemas, por exemplo augamariña, topacio, apatito, fluorita. Polo que son apreciadas na industria da xoiería.
Tamén se atopa moitas veces estaño e tungteno mezclado na rocha.
Para obter os minerais que a compoñen cando os cristais son moi grandes.
En toda a área granítica de Galiza é moi común encontrar estas rochas, dende soltas a formando parte de rochas graníticas máis homoxéneas.