DESCRICIÓN:
Trátase dunha rocha formada en máis do 50% por carbono. É moi branda e pódese desfacer coa man.
Na turba aparecen moitos restos de planta que poden ser visibles, sobre todo as raíces grandes.
Cando perde a humidade rómpese de forma heteroxénea formando gretas moi características.
PROPIEDADES:
Como combustible é de rendemento baixo pero de obtención sinxela.
Tamén é un complemento no abono.
FORMACIÓN:
Fórmase a partir do depósito de vexetais en brañas, pantanos e depósitos pluviais.
O carbón utilizado na actualidade foi nalgún momento turba, xa que este é o estado inicial da formación do lignito e a hulla.
USOS HABITUAIS:
Inda se usa como carbón vexetal, para quentar caldeiras e chimeneas.
Moi usada en abonos orgánicos, como complemento ou de base.
DISTRIBUCIÓN:
Pódese atopar por todo o territorio.