Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
ELEMENTOS IMPORTANTES:
HÁBITATS:
Bosques Brañas Acuático doce Urbano
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
Ruta de dificultade baixa. Moi boa para ir camiñando, pouco recomendada en bici, con tramos nos que habería que levala ao ombro.
É unha ruta que discorre pola parte norte do río Lerez. Iniciaremos a nosa andaina no comezo da cidade de Pontevedra, na Illa das Esculturas. Dende alí iremos por un camiño en moi bo estado que avanza pola beira do río. A vexetacion é moi variada ao igual que a fauna (especialmente as aves). Pasaremos por debaixo das pontes máis características da zona e, a medida que nos alonxamos da cidade, o terreno pasa a ser máis natural, estreito e menos frecuentado.
Nesta ruta, veremos praias fluviais, rochas importantes relacionadas coas lendas locais e a fusión armónica do río co bosque, cunha exuberancia propia de rexións tropicais.