Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
ELEMENTOS IMPORTANTES:
Ponte colgante Ruínas de torre Cazoletas Cova Miradoiro
HÁBITATS:
Montes
NIVEIS DE ELEVACIÓN:
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
085. BORELA- O Outeiro das meigas é assí un altiño que está por detrás do Coto da Facha (ao noroeste dos carballiños). O nome, contában-nos na casa-, que llo puxeran porque xuntabanse alí as Meigas, as bruxas de todos estes arredores,- eralle sitio escondido. Dunha vez, esto debeu ser hai máis de cen anos, estavam alá de noite e os da casa das laxiñas viam luces e sentian como gatos a berrar(e). e o vello da casa alá se foi cunha escopeta para tratar de correlas e topounas alí a bailar; pero cando quixo disparar apareceulle o cano torto. As Bruxas seica escaparon, pero íbanse botando plagas. O bo do vello xa morreu dalí a pouco, eso foi o primeiro, pero disque en moitos anos naquela casa, xo houbo desgracias.
REFERENCIAS: RAMIRO BARROS JUSTO PAXINA 114 085.BOR3
103.TANORIO- Hai moitos anos en Cotobade o noso concello estaba en guerra. Na parroquia de Tanorio hai unha Cova na que se agochaban os mouros para non ser asesinados. Din que dentro da cova hai restos de vaixela antiga. Seica houbo veciños que deron con ela. Un deles cando entrou atopou pertenzas dos mouros. Outro entrou e descubriu que había moitas galerías similares unhas a outras, e cando o home quixo saír non era quen de atopar a saída, entón chamou polo seu can que o guiou para saír de alí. Recollido por Tania Rodríguez Fernández.
REFERENCIAS: Materiais de literatura oral da Terra de Cotobade. pxna 91. Ramiro Barros Justo.