Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
ELEMENTOS IMPORTANTES:
HÁBITATS:
Montes
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
O mellor acceso ao lugar para comezar a ruta é dende Cerdedo, ao coller o desvío EP-7104 dende a N-541. Ó percorrer 4,5 km encontraremos o vial que nos leva ao parque eólico de Carballas (última aldea antes de subir ao Seixo).
Trátase dunha ruta moi coñecida en Pontevedra. Percorre lugares da historia local moi ligada a tradición e ritos antigos. Comezaremos en Chan de Mamas, tumba do Tecelán de Carballas, e irémonos desprazando cara ao Sueste pasando por sitios míticos como a Pedra Pirocha, a Cruz do Seixo, o Marco do Vento, Portalén, ata alcanzar o santuario cristián de Santa Mariña. Todos estes lugares teñen as súas particularidades e historias que iremos espoñendo individualmente nas fichas.
O percorrido pódese facer a pé, en bicicleta ou en calquera vehículo, xa que as pistas forestais están en moi boas condicións.
En todo momento teremos unhas vistas espectaculares e a sensación de estar nun lugar único. Esto acrecéntase pola morfoloxía da zona, onde a exposición aos elementos climáticos máis extremos da provincia marcan as rochas graníticas e compoñen formas e características moi peculiares.
Na contra, dicir que a presenza do parque eólico na zona condiciona a visita e pode ocasionar dor de cabeza, ao estar moito tempo expostos ao ruido continuo que ocasionan. Dende Son da Vella recomendamos, no caso de facer a ruta a pé, o uso de elementos de mitigación do son (ou levar uns cascos con música).
Outra característica da ruta é a intensidade do vento. Este pode ser moi agradable no verán para aliviar os efectos da calor ou pode ser unha grande molestia no inverno.