Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Parroquia: Tenorio (lugar: Vilanova)
ELEMENTOS IMPORTANTES:
Cruceiro Rocha singular Cazoletas
HÁBITATS:
Bosques Montes
NIVEIS DE ELEVACIÓN:
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
A ruta parte do Cruceiro das Chans, lugar moi accesible na entrada a Vilanova dende Carballedo.
Este roteiro está feito coa finalidade de facilitar o acceso a Pena do Cabalo, cova granítica espectacular de Vilanova. Partimos do Cruceiro das Chans e dirixímonos cara o Norte e internámonos no monte. Durante a maior parte do camiño iremos por estradas antigas, pasaremos por canteiras tradicionais e internarémonos no monte ata acadar a Pena do Cabalo. A ruta volve pola mesma dirección pola que fomos.
"Os nenos cando eran pequeniños que non crecían, non comían, non crecían nada, levábanos ....E había que ir tres Marías, eu son María Inés, tres Marías, e levaban un caldeiro ,que era de.... ,non era un caldeiro calquera, era un caldeiro de...., coma o do pozo, de zinc, e ao chegar ao monte tíñase que ver o mar, un sitio onde se mira o mar, e nós temos o monte aí, que dunha parte vese o mar, tiñamos que ir caladiñas,caladiñas caladiñas p'alá . Entonces dicían:
-Toma María.
-¿Qué me dás? (O neno habíao que pasar polo aro do caldeiro).
-Toma María .
-Trae aquí María, ¿qué me dás?
-Douche a Fulano co Anghinido.
-Eu non quero a Francisco (poñámoslle así) co Anghinido eu quero a Francisco sán e vivo, pola gracia de Dios i de la virgen María. Un Padrenuestro i un Avemaría, rezábase e volvíase outra vez:
-Toma María .
-Trae aquí María ¿Qué me dás?.
-Douche a Francisco co Anghinido.
-Eu non quero a Francisco co Anghinido eu quero a Francisco sán e vivo, pola gracia de Dios i de la virgen María. Un Padrenuestro i un Avemaría, rezábase e volvíase outra vez, ata nove veces.
Entonces collíanse os terróns e traíanse para casa no caldeiro, queimábanse os terróns na casa nove días e despois esa borralla botábase nunha encrucillada, por exemplo aí que se unen tres camiños."
REFERENCIAS: María Inés, veciña de Vilanova (+65 anos)
" No pobo mercaramos unha becerra suíza, chegamos á mañá seguinte e estaba a dona da becerra chorando ao pé da cuadra e díxolle miña nai:
-E tí que tes?
-Ai, morreunos a becerra!.
E foi miña nai onda ela:
- Morreuche a becerra ?
-Morreu!.
Vai miña nai, dálle unha patada, pero a becerra non estaba morta, e díxolle:
-Pero a becerra non morreu!
-Aaai!, está acabando de morrer.
Non se movía nada, deitada co pescozo así para atrás. E díxolle miña nai:
- Non te preocupes, hoxe que día é? Sábado, levámola ao cruceiro.
E miña nai ía riscar, que non sabía nada de riscar nin nada, ela botaba as pedras para atrás porque sabía como facían pero a oración non a sabía nada. E entonces, efectivamente, chegamos á noite ao cruceiro, eu tamén apunteime a ir, eu tamén, e foi unha irmá miña, e foi Mucha e o padriño que entonces vivía e mamá, e Teresa. Nós levábamola becerra nunha padiola, a becerra ía morta de todo, tiñamos que ir ás doce da noite, entón, tan pronto chegamos en fronte do cruceiro pararon a padiola e coa misma, vai mamá que para riscar levaba un fouciño ,que tiña que riscar todo ó redor da becerra, e dicir unha oración nove veces, andar arredor do cruceiro e de cada vez que facía botaba unha pedra para atrás, e despois había que coller aqueles torróns, eu penso que nin colleu torróns nin nada. Cando estaba riscando a terceira vez, a becerra levantouse e empezou muuuu!, a correr, a correr, a correr, coma unha tola, tirábase no chán, non, foi despois de riscala, tiñas que ir por un camiño e despois volver por outro, e nós viñamos por aquí, pola de María a Xesteiriña, e chegamos ó cruceiro, pois cando acabou de riscar, tiñamos que ir polas fincas, por Piñeiros, aí pola carretera, entón foi cando terminou de riscar e a becerra púxose de pé a muxir "muuuuu" e a correr, a correr, a correr, levárona polas fincas abaixo e tumbábase no chan, logo muxía, erguíase e a correr, a correr,a correr e así chegamos ata a casa e ó día seguinte fumos ver como estaba a becerra que xa estaba de pé e estaba sana."
REFERENCIAS: María Inés, veciña de Vilanova (+65 anos)