Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Trátase dun percebexo de entre 8-12 milímetros de longo, co corpo redondeado, de cor vermella e con 6 franxas negras lonxitudinais e paralelas. O seu abdome é de cor vermella salteado de puntos negros.
Podémolo atopar en calquera tipo de lugar soleado, dende brañas, prados, veigas e beiras de camiños, sobre todo orientados ao sur.
Atópase en toda Galicia. É moi común na maior parte de Europa.
Aliméntase dos fluídos das plantas.
Podemos velo frecuentemente formando grupos numerosos sobre as flores, especialmente da orde das Apiales e das Asterales.
As cores do seu corpo e o mal cheiro que desprende permítelle facer pensar aos seus depredadores que se trata dun insecto velenoso. Este aposematismo facilítalle moverse con relativa liberdade e prosperar en grupos moi numerosos.