Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Árbores -
HÁBITATS:
Bosques Montes Pastos
COR DA FLOR: Verde
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: Chestnut, Frances: Châtaignier, Alemán: Kastanie, Portugués: Castanheiro, Astur: Castañal, castañar, Euskera: Gaztaña, Catalán: Castanyer,
Trátase dunha árbore moi común en Galicia, xa sexa de forma espontánea xa prantada con fins produtivos.
O seu froito é a castaña, que aparece na árbore recuberta do ourizo, unha defensa natural en forma de púas que protexe o froito ata a maduración e que se abre cando as castañas están listas.
É moi común por toda Galicia, pero sobre todo en Lugo e Ourense.
Inda que se pensaba que o castiro non era autóctono, os últimos estudos demostran que algunhas subespecies si poden ser autóctonas.
Froito moi valorado no outono para facer os magostos.
Ten moitas e variadas formas de comercialización e o seu uso na cociña moderna é cada vez máis recurrente.
Tamén se usa como alimentación porcina, como substituto ou complemento das landras. No caso do porco celta, raza autóctona, a castaña é esencial na súa cría.
A castaña é un dos froitos tradicionalmente máis consumido en Galicia. A sua facilidade de secado e conservación, así como a súa abundancia e boa propagación covertérona nun símbolo de identidade, sobre todo asociado ó outono.
É moi frecuente e tradicional a venda ambulante de castañas asadas.
As súas ramas utilízanse tradicionalmente na cestería en moitos lugares de Galicia.