Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Láminas
HÁBITATS:
Bosques
COR DO SOMBREIRO: Branco, verde, amarelo.
APARICIÓN DO COGOMELO:
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Catalán: Farina borda Euskera: Hiltzale berde
É un cogomelo de cor verde, verde oliváceo con tons amarelo-verde. O sombreiro é hemiesférico nos exemplares xoves, despois vólvese convexo e por último plano.
As súas láminas están apretadas e son de cor branca.
O pé, alto e esbelto, é oco na madurez. Posúe un anel membranoso e grande.
O pé sae do chan nunha volva en forma de saco, de cor branca.
O seu olor e sabor son agradables, o que incrementa o perigo de consumo por confusión.
FRECUENCIA: Moi común
COMESTIBLE: MORTAL
Gran anel membranoso
Presenta moitas variantes con diversas cores. A máis a ter en conta é a variedade alba de cor branco.
Pode ser confundidda con russula cyanoxantha. Esta aparece moitas veces con cores verdes similares.
Tamén coa russula virescens.
Ten variedades de cor branca (alba) que pode ser confundida coa pombiña do monte (tricoloma columbeta).
Intoxicación faloidea:
Os síntomas aparecen a partir das 6-8 horas da inxesta. En canto se manifestan comeza un proceso que pode derivar na morte do paciente. Incluso hoxe en día morre xente tódolos anos pola súa accidental inxesta.
Usado tradicionalmente como veleno xa que a vítima inxería estes cogomelos sen sospeitas e morría ós días seguintes, sen remedio, entre grandes dores. É fácil de identificar o seu uso polos efectos da intoxicación faloidea e polo deterioro que produce no fígado.