Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Apadriña a Son da Vella:

O obxectivo desta páxina é catalogar toda a flora, fauna, fungos, rochas e lugares que nos sexa posible, así como rexistrar as historias relacionadas, especialmente as de nivel local, de Galicia. Esta catalogación faise de forma sinxela e práctica para acercar a tódolos públicos o mundo natural que nos rodea. Un mellor coñecemento do medio no que habitamos, conscientes das posibilidades e limitacións do mesmo, é quizais clave para desenvolvernos nel con naturalidade. Este plan tan ambicioso será posible grazas á túa colaboración.

Son da Vella é unha pequena organización de xente que dedica o seu tempo libre a facer esta páxina, dende a parte de programación e deseño ata a catalogación, identificación, entrevistas coa xente, investigación en libros e sobre o terreo. Case todo o material mostrado na páxina é orixinal, vídeos, fotos, imaxes 360º, fotos con dron,... Os traballos de edición tamén son propios e orixinais.

A mellora do radio de acción, dos medios empregados así como a dedicación en tempo dependerá totalmente da nosa financiación, ou sexa da túa axuda.

Apadriñarnos fará que Son da Vella poida chegar a tódalas partes de Galicia, entrevistarnos coa máxima xente posible e recoller lendas, tradicións, festas,... antes de que se perdan no tempo.
Tamén melloraremos en medios, tanto técnicos (cámaras, obxectivos... ) coma humanos (dedicacións parciais ou exclusivas).

Se nos apoias, ademais poderás entrar na zona de PADRIÑOS coas claves que che enviaremos ao teu email.
  
Se contamos coa túa axuda pretendemos ir incorporando novidades:
- Unha sección onde se recollerán noticias de medios xornalísticos específicos de flora, fauna, fungos, rochas, lugares e rutas.
- Un apartado de denuncias ecolóxicas ou atentados patrimoniais.
- Un apartado de usuarios.
- Intentar facer unha libraría virtual onde ter dispoñibles o máximo número de libros tanto en formato dixital como físico relacionados coa natureza e o patrimonio.

A nivel de padriños pretendemos por en funcionamento:
A posibilidade de ver os medios orixinais (fotos tamaño completos, resolucións orixinais,...).
A posibilidade de escoller favoritos nos rexistros de cada apartado.
Poder facer anotacións neses favoritos.
Un caderno de campo onde se poidan facer anotacións.
Un apartado onde se poden ver os artigos que van a saír na páxina con días de antelación.
Participar en rutas, investigacións e catalogacións con persoal de Son da Vella.
Tamén crearemos un apartado para opinións dos padriños, suxestións sobre melloras, lugares,...

Son da Vella nunca será algo ríxido e estático. Intentaremos sempre ir mellorando tódolos nosos apartados e ir creando ideas novas. O noso obxectivo principal é a divulgación, polo que intentamos facer os contidos máis sinxelos para que cheguen a cantos máis mellor. Por iso nos comprometemos a aportar contidos orixinais, divertidos, evocadores e todo aquilo que poida manter a vosa atención; iso si, sempre cun rigor científico.

Pero todo isto é imposible que pase sen a túa axuda. De momento, o que necesitamos é financiamento para seguir desenvolvendo o noso traballo.
O proceso para botarnos unha man e fácil, primeiro cubre o mail e dálle click a enviar. Despois xa podes facer a doazón facendo click na imaxe de apadriñar.

Moitas grazas.


 

Email:

 

VER AS CONDICIÓNS DE APADRIÑAMENTO

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Ponte románica de Almofrei


Fotos destacadas
Tomelo



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA