Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

CONSELLOS PARA IDENTIFICAR ROCHAS:

Son da Vella non pretende ser unha guía definitiva para a identificación de rochas, senón un punto de partida de fácil comprensión para comezar un coñecemento das rochas e da súa relación co medio no que habitan. Desde a nosa humilde posición só pretendemos facilitar con esta web a comprensión do hábitat no que vives.

 

As rochas pódense estudar todo ano. É un grupo moi abundante, con rochas moi variables e algunhas moi parecidas entre si.

Á hora de coñecer as rochas sempre é importante saber as variabilidades da zona na que nos movemos. Hoxe en día, debido ós estudos xeolóxicos con motivos comerciais, sabemos con bastante precisión a composición da Terra.

Para identificar as rochas fixarémonos sempre nos máis elementos posibles.

Podemos usar fotos e vídeos para recordalas pero, no caso de collelas, debemos ter sempre isto presente:

  • As rochas poden ter materiais contaminantes, alérxenos ou tóxicos polo que, ante o descoñecemento ou falta de material apropiado para recollelas, só nos limitaremos a observalas e fotografalas.
  • Danar o menos posible a rocha orixinal da que nos levemos un anaco, para iso empregaremos ferramentas ben afiadas e limpas e así contaminaremos o menos posible as zonas de corte.
  • Ante a dúbida dos puntos anteriores sempre convén deixar a rocha intacta.

Pasamos a dar algunhas claves que usamos na web para a clasificación das rochas:

 

En Son da Vella clasificamos a Rochas en diferentes tipos:

Plutónicas
As rochas plutónicas ou rochas intrusivas son as que se forman a partires dun enfriamento lento, a grande profundidade e en grandes masas de magma.
Volcánicas
As rochas volcánicas, efusivas ou extrusivas son aquelas rochas ígneas que se formaron polo enfriamento da lava na superficie terrestre​ ou do magma a escasa profundidade.​
Metamórficas
As rochas metamórficas ​ son rochas formadas pola modificación doutras preexistentes no interior da Terra mediante un proceso chamado metamorfismo. A través da calor e/ou da presión, en fluídos quimicamente activos prodúcese a transformación das rochas que sofren axustes estructurais e mineralóxicos.​
Sedimentarias
Producidas ou constituídas por sedimentos.
Minerais
Corpo natural, sólido ou líquido, de composición química definida e de propiedades físicas características.

 

En Son da Vella clasificamos as cores nos seguintes tipos:

Á hora da clasificación por cores hai que ter en conta que a variabilidade cromática no mundo natural é case indefinida. Son tantas as cores diferentes con que nomear cada variación que non nos queda máis remedio que facer unha agrupación cromática.

- Agrupamos varias cores parecidas cun só nome:

Violeta
Morado, púrpura, lila
Vermello
Granate
Verde
Verde mar
Rosa
Fúcsia, maxenta
Negro
Brillo e mate
Marrón
Pardo, castaño
Laranxa
Ámbar, mostaza
Gris
Prata, metalizada
Branco
Crema
Azul
Cyan, azul mariño, azul celeste
Amarelo
Dourado

 

 

 

Pouco a pouco, a medida que creza o catálogo, incorporaremos máis precisión á hora de clasificar as Rochas. Mais o obxectivo é ser un punto de partida para que calquera afeccionado ou estudoso poida coñecer o mundo máis cercano que nos rodea. Sempre recomendamos o uso doutros manuais, vídeos e calquera material que complemente as nosas investigacións.

 

Sorte nas vosas identificacións.

 

 

 

 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Praia fluvial Calvelo


Fotos destacadas
Macaón



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA