Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

CONSELLOS PARA IDENTIFICAR FAUNA:

Son da Vella non pretende ser unha guía definitiva para a identificación da fauna, senón un punto de partida de fácil compresión para comezar un coñecemento das animais e suas relacións co medio no que habitan. Desde a nosa humilde posición só pretendemos facilitar con esta web a comprensión do hábitat no que vives.

 

O mellor momento para identificar os animais é durante a primavera e o verán, xa que moitos deles so aparecen ou se deixan ver durante estas estacións.

Tamén darnos conta do ciclo ó longo do ano dun animal nos pode axudar ó seu recoñecemento.

Fixarémonos sempre nos máis elementos posibles, dende as cores ata as formas de cabeza, tronco, patas ....

Podemos usar fotos e vídeos para recordalas pero na súa observación ter sempre isto presente:

  • Convén non influír nin relacionarse directamente cos animais silvestres xa que acostumalos á interación cos humanos ponos en perigo.
  • Sempre recordar que é máis importante a tranquilidade do animal que a súa identificación. Hoxe en día, cos medios dixitais dispoñibles poderemos observalos coa interación mínima.
  • Ante a dúbida dos puntos anteriores sempre é mellor deixar o animal tranquilo.

Pasamos a dar algunhas claves que usamos na web para a clasificación da fauna:

 

En Son da Vella clasificamos a Fauna en diferentes tipos:

Mamíferos
Clase de vertebrados que se caracterizan pola presenza de mamas, nas femias, e por teren maioritariamente o corpo cuberto de pelos.
Aves
Clase de vertebrados ovíparos de respiración pulmonar, mandíbulas recubertas dun peteiro córneo, membros anteriores adaptados ao voo, posteriores adaptados á marcha e corpo recuberto de plumas.
Anfibios
Clase dos vertebrados da superclase dos tetrápodos, de pel núa, temperatura corporal variable segundo o medio e respiración cutánea e por branquias nas larvas e pulmonar nos adultos, á que pertencen os anuros, os ápodos e os urodelos.
Réptiles
Clase de vertebrados, de respiración pulmonar, xeralmente ovíparos, co corpo cuberto de escamas ou placas óseas, que teñen as extremidades moi curtas ou que carecen delas, polo que se desprazan reptando.
Peixes
Animal vertebrado ovíparo, que nace e vive na auga e respira por branquias, de corpo xeralmente cuberto de escamas e con aletas para nadar.
Moluscos
Tipo de animais do grupo dos invertebrados, que teñen o corpo brando, aparencia viscosa e que poden estar ou non provistos de cuncha.
Insectos
Pequeno animal invertebrado co corpo dividido en cabeza, tórax e abdome, de respiración traqueal, que sofre metamorfose no seu desenvolvemento e que posúe un par de antenas e tres pares de patas, e ás na maior parte das especies.
Arácnidos
Clase de animais invertebrados do subtipo dos quelicerados, que se caracterizan por posuír catro pares de patas, o corpo dividido en cefalotórax e abdome e careceren de antenas.
Miriápodos
Un grupo numeroso parecido ós insectos pero con rasgos diferenciadores. Todos son terrestres e posúen un gran número de patas.
Crustáceos
Clase de artrópodos que se caracterizan por ter o corpo cuberto dunha especie de coiraza, por non teren a cabeza diferenciada do tórax, por estaren provistos de dous pares de antenas e por teren, na maioría dos casos, cinco pares de patas.
Anélidos
Tipo dos animais invertebrados sen patas, de corpo brando en forma de verme e dividido en segmentos ou aneis.
Equinodermos
Tipo de animais mariños invertebrados de corpo redondo, cilíndrico ou con forma de estrela, cuberto dun esqueleto externo calcario, con espiñas e coa boca na parte inferior central.

 

En Son da Vella clasificamos os Hábitats nos seguintes grupos:

Bosques
Fauna que habita en zonas de arboredo onde a masa forestal de árbores é continua
Montes
A fauna de zonas altas de montaña onde as árbores non están presentes de forma homoxénea, onde abondan máis os arbustos e onde o clima é máis duro tanto no inverno como no verán.
Pastos
Fauna que atopamos en zonas onde predominan as gramíneas e onde as árbores e os arbustos son máis escasos. Normalmente os pastos actuais son por intervención humana, que fai grandes superficies para o pastoreo dos animais domésticos.
Brañas
Fauna de zonas de charcos e lagos perpetuos ou case (depende da seca dos veráns). Viven en zonas con condicións moi húmidas, cerca de ríos, lagos, regatos,… Isto crea características especiais para moitos seres vivos.
Infértiles
Aquí entraría a fauna que habita en bordos de estradas, descampados de xabre, zonas abandonadas onde a vexetación é escasa. Na maior parte dos casos ten moito que ver a intervención humana. Pero tamén son zonas que van evolucionando por interacción das plantas cara outro hábitat dos aquí descritos.
Dunas
A fauna das zonas próximas á costa onde a area e outros elementos crean espazos semidesérticos que aproveitan plantas moi específicas destes hábitats.
Acuático doce
A fauna do interior dos ríos, regatos, lagos.. de auga doce.
Acuático salgado
A fauna do interior do mar, océanos ou rías... de auga salgada.
Doméstico
A fauna domesticada.

 

En Son da Vella clasificamos as cores nos seguintes tipos:

Á hora da clasificación por cores hai que ter en conta que a variabilidade cromática no mundo natural é case indefinida. Son tantas as cores diferentes con que nomear cada variación que non nos queda máis remedio que facer unha agrupación cromática.

- Agrupamos varias cores parecidas cun só nome:

Violeta
Morado, púrpura, lila
Vermello
Granate
Verde
Verde mar
Rosa
Fúcsia, maxenta
Negro
Brillo e mate
Marrón
Pardo, castaño
Laranxa
Ámbar, mostaza
Gris
Prata, metalizada
Branco
Crema
Azul
Cyan, azul mariño, azul celeste
Amarelo
Dourado

 

 

 

Pouco a pouco, a medida que creza o catálogo, incorporaremos máis precisión á hora de clasificar a Fauna. Mais o obxectivo é ser un punto de partida para que calquera afeccionado ou estudoso poida coñecer o mundo máis cercano que nos rodea. Sempre recomendamos o uso doutros manuais, vídeos e calquera material que complemente as nosas investigacións.

 

Sorte nas vosas identificacións.

 

 

 

 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Barbas de Raposo


Fotos destacadas
Acediña articulada



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA