CONSELLOS PARA IDENTIFICAR FUNGOS:
Son da Vella non pretende ser unha guía definitiva para a identificación dos fungos, senón un punto de partida de fácil comprensión para comezar un coñecemento dos cogomelos e as súas relacións co medio no que habitan. Desde a nosa humilde posición só pretendemos facilitar con esta web a comprensión do hábitat no que vives.
O mellor momento para identificar os fungos é cando aparecen os seus cogomelos. Non todos o teñen, pero é un grupo moi abundante e á hora de coñecer o mundo fúnxico son os primeiros e máis fáciles de identificar.
Tamén darnos conta do momento no que sae o cogomelo nos pode axudar ó seu recoñecemento.
Fixarémonos sempre nos máis elementos posibles, dende as cores ata as formas do sombreiro, láminas, pé ....
Podemos usar fotos e vídeos para recordalos pero, no caso de apañalos, ter sempre isto presente:
- Os fungos en risco ambiental non debemos collelos, só nos limitaremos a observalos e fotografalos.
- Sempre deixar algún exemplar do cogomelo recollido.
- Non mezclar os cogomelos comestibles con outros, inda que sexan comestibles debemos manter certa diferenciación. Ó longo dunha recolección os cogomelos poden soltar parte do seu zume sobre outros (pola calor, polos movementos) e polo tanto contaminar con substancias que poden ser tóxicas ou poden cambiar o sabor orixinal dos cogomelos.
- Danar o menos posible o fungo, ó apañalo é mellor facelo cunha navalla, tesoiras ou outra ferramenta ben afiada e limpa para contaminar o menos posible as zonas de corte. Preferiblemente intentaremos desprender o fungo do seu micelio (raíces do fungo) movendo con coidado o cogomelo. Nalgunhas especies é moi difícil facelo polo que cortaremos o exemplar sempre polo punto máis cercano ó micelio.
- Ante a dúbida dos puntos anteriores sempre é mellor deixar o cogomelo intacto.
Pasamos a dar algunhas claves que usamos na web para a clasificación dos fungos:
En Son da Vella clasificamos os Fungos en diferentes tipos:
Láminas
Poros
Pregos
Agullas
Outros
Lique
En Son da Vella clasificamos os Hábitats nos seguintes grupos:
Bosques
Os fungos das zonas onde a masa forestal arbórea é continua.
Montes
Fungos que atopamos en zonas altas de montaña onde as árbores non están presentes de forma homoxénea, onde abundan máis os arbustos e o clima é máis duro tanto no inverno coma no verán.
Pastos
Zonas onde predominan as gramíneas e onde as árbores e os arbustos son máis escasos. Normalmente os pastos actuais son por intervención humana, que fai grandes superficies para o pastoreo dos animais domésticos.
Brañas
Fungos en zonas de charcos e lagos perpetuos ou case (depende da seca dos veráns). Zonas con condicións moi húmidas cerca de ríos ou lagos, regatos... As condicións de alta humidade crea características especiais para moitos fungos.
Infértiles
Fungos que atopamos en bordos de estradas, descampados de xabre, zonas abandonadas onde a vexetación é escasa. Na maior parte dos casos ten moito que ver a intervención humana. Pero tamén son zonas que van evolucionando por interacción das plantas cara outro hábitat dos aquí descritos.
Dunas
Zonas próximas á costa onde a area e outros elementos crean espacios semidesérticos que aproveitan algúns fungos moi específicos destes habitas.
Acuático doce
Os fungos do interior dos ríos, regatos, lagos.. de auga doce.
Acuático salgado
Os fungos do interior do mar, océanos ou rías... de auga salgada.
Ornamental / produtivo
Os fungos plantados con motivos decorativos tanto en casas como en cidades.
En Son da Vella clasificamos as cores nos seguintes tipos:
Á hora da clasificación por cores hai que ter en conta que a variabilidad cromática no mundo natural é case indefinida. Son tantas as cores diferentes con que nomear cada variación que non nos queda máis remedio que facer unha agrupación cromática.
- Agrupamos varias cores parecidas cun só nome:
Violeta
Morado, púrpura, lila
Azul
Cyan, azul mariño, azul celeste
Pouco a pouco, a medida que creza o catálogo, incorporaremos máis precisión á hora de clasificar os Fungos. Mais o obxectivo é ser un punto de partida para que calquera afeccionado ou estudoso poida coñecer o mundo máis cercano que nos rodea. Sempre recomendamos o uso doutros manuais, vídeos e calquera material que complemente as nosas investigacións.
Sorte nas vosas identificacións.