Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Parroquia: Alba
ELEMENTOS IMPORTANTES:
HÁBITATS:
Brañas Acuático doce Acuático salgado Urbano
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
Nas aforas de Pontevedra en dirección Lérez, paralela á AP-9.
Trátase dun paseo acondicionado na súa maior parte para observar as marismas das Xunqueiras de Alba.
Aquí poderemos gozar dunha gran variedade de fauna, sobre todo aves, que xa sexan habituais ou xa sexan estacionarias sorprenderanos pola súa abundancia e variedade. A flora, moi significativa das brañas e marismas é tamén moi abundante, con especial atención ás poboacións de palla real que cobren boa parte do enclave.
A ruta lévanos a través da xunqueira, que rodearemos na súa parte final a través do camiño de Santiago para voltar paralelos a AP-9 durante un pequeno tramo. Logo voltamos ás marismas e ó punto de partida.
As mellores épocas para visitar este lugar son a primavera e o outono, cando poderemos observar o maior número de aves estacionarias.
https://www.pontevedra.gal/2016/12/13/aves-da-cidade/ - Guía de aves da cidade de pontevedra onde se recollen datos da Xunqueira de Alba.
https://www.pontevedra.gal/2021/01/18/guia-de-bolboretas/ -Guía de bolboretas da Xunqueira de Alba