Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Tódolos venres estreamos contido.

Nº 7

13-12-2019


Chega a sétima publicación:

Tal como anunciamos falaremos da Formación de Cazoletas en Fragas como un dos LUGARES xeolóxicos máis destacables do río Lérez. E ademais, está a poucos pasos da Área río Lodeiro un espazo de por si moi recomendable; onde temos dúas pontes interesantes, un muíño, unha boa zona de baño e o paso de varios roteiros.


Aportamos na FLORA as fichas das Cabaciñas, unha planta cunhas flores rosas moi chamativas, e a da Carqueixa de umbela, un clásico do monte galego imprescindible de coñecer.

Na FAUNA falaremos da Chicharra alicorta, fácil de ver no verán, e tamén da Vanessa atalanta, unha das bolboretas máis vistosas e moi común.

Ademais incorporamos novos FUNGOS, como o Ovo de rata, unha amanita común e singular, e a Sendeiriña, especie abundante e deliciosa que aparece formando "corros de meigas".

E nas ROCHAS estreamos o Granofido, unha rocha plutónica sinxela de atopar e de identificar, e a Turba, un dos carbóns máis coñecidos polos seus múltiples usos.

 

 


Esta páxina realizouse co propósito de achegar o coñecemento do medio no que habitamos a tódalas persoas da maneira máis sinxela.


E o vindeiro venres, no número 8 ...
Achegarémosvos a un lugar moi destacado en Outeiro dos Mouros.
Un conxunto moi singular con moitos detalles que abordaremos na próxima publicación, acompañado de máis artigos e novidades.

Recorda, todo isto será posible contigo.
Queres contidos de calidade, un catálogo completo en galego, rigoroso e moderno? Pois se podes, axuda.
Así que fai clic na imaxe e colabora :)

Ademais, poderás coñecer as nosas estreas antes que ninguén, participar en novidosos roteiros e moitas cousas máis.


 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Praia fluvial Calvelo


Fotos destacadas
Nudosiña



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA