Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Tódolos venres estreamos contido.

Nº 12

07-02-2020


Aquí está a duodécima publicación:

Comezamos co Complexo de Coto Carballo, un conxunto de rochas moi singulares no Monte Castelo onde se pode observar unha cova con evidente manipulación e uso humano.

Tamén incorporamos a Ruta polas marismas da Xunqueira de Alba, unha paraxe natural a carón da cidade de Pontevedra de obrigada visita para calquera amante da natureza.

Outro LUGAR destacado desta semana é a Ermida de San Cibrán de Tomeza, no concello de Pontevedra.


Na FLORA deste número estreamos a Mimosa, outra especie invasora que pon en risco a flora local, e a Ouca, unha planta acuática común nas charcas e lagoas.

E as aves van chegando e nós ímolas amosando. Nesta ocasión serán o Pardal común, se cadra o paxaro máis coñecido, e o Bilurico bailón, un habitual das marismas e xunqueiras.

Nos FUNGOS centrarémonos en dous parasitos. O Poliporo versicolor e o Poliporo aplanado, ambos de moi variados aspectos.

E por último, nas ROCHAS traemos a Wolframita, un mineral moi usado na industria, e o Gabro, un tipo de rocha moi común e fácil de identificar.

 

 


Esta páxina realizouse co propósito de achegar o coñecemento do medio no que habitamos a tódalas persoas da maneira máis sinxela.


E na próxima publicación ...
A semana que vén estrearemos un roteiro moi especial:
Ruta á Cova dos Mouros por Outeiro das Meigas
Recorda, todo isto será posible contigo.
Queres contidos de calidade, un catálogo completo en galego, rigoroso e moderno? Pois se podes, axuda.
Así que fai clic na imaxe e colabora :)

Ademais, poderás coñecer as nosas estreas antes que ninguén, participar en novidosos roteiros e moitas cousas máis.


 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Netorra das carballeiras


Fotos destacadas
Macaón



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA