Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Tódolos venres estreamos contido.

Nº 9

17-01-2020


E aquí temos a novena publicación:

Arrancamos o 2020 con novos contidos, entre eles, o máis sorprendente, témolo no Complexo do Carbadoiro. Un lugar situado na Eira da Vella, con moitos elementos espectaculares e de obrigada visita para calquera amante da historia e dos misterios. E para facer máis interesante a visita realizamos un roteiro (Ruta ó Carbadoiro pola Carboeira) que pasa por enclaves importantes da zona como a Canteira de A Xesteira e Outeiro da Hedra.


Na FLORA incorporamos novas fichas: a Cana india, especie moi ligada á nosa agricultura, e o Eucalipto, unha árbore moi coñecida debido á súa plantación intensiva.

Da FAUNA estreamos dúas aves moi típicas de Galicia: o Paporrubio e a Gaivota escura, moi sinxelas de atopar nos nosos roteiros.

Cos FUNGOS, acercamos un moi singular, o Carallán, pouco que engadir con este nome. E tamén a Amanita amarela, que non é moi coñecida pero si moi típico vela nos bosques de piñeiros.

E como sempre, finalizamos polas ROCHAS. Incorporamos á nosa base de datos o Xofre (observable nas augas sulfurosas) e a Pudinga, un conglomerado sedimentario moi común nos litorais.

 

 


Esta páxina realizouse co propósito de achegar o coñecemento do medio no que habitamos a tódalas persoas da maneira máis sinxela.


E no vindeiro número ...
Encontramos un curioso complexo preto dunha das nosas rutas.
Un conxunto moi especial con moitas curiosidades que abordaremos na próxima publicación, acompañado de novas fichas e multimedias.

Recorda, todo isto será posible contigo.
Queres contidos de calidade, un catálogo completo en galego, rigoroso e moderno? Pois se podes, axuda.
Así que fai clic na imaxe e colabora :)

Ademais, poderás coñecer as nosas estreas antes que ninguén, participar en novidosos roteiros e moitas cousas máis.


 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Netorra das carballeiras


Fotos destacadas
Araña de saco amarelo



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA