Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aqui: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continua navengando entendese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Todolos venres estreamos contido

Nº 2

08-11-2019


Son da Vella segue coa segunda entrega.

Esta semana desvelamos a localización prometida da cova granítica. Trátase dun lugar espectacular de Vilanova (Cotobade - Cerdedo). Non deixedes de visitala.


Incorporamos novas entradas no catálogo de flora onde o castiro e a malva silvestre son os protagonistas.

Estreamos novas fichas de fauna onde incorporamos a araña Lobo e o xabarín. Este último cun vídeo de visión nocturna que fará as delicias dos amantes dos animais.

Nos fungos poñemos o obxectivo na amanita da morte un cogomelo velenoso e con perigos de confusión que ocasiona mortes tódolos outonos. E pola contra analizamos o matacandil unha delicatessen moi común e saborosa.

E non esquecemos as rochas onde esta semana afondamos nos granitos e os minerais que o forman e incorporamos dous minerais do grupo dos feldespatos (ortoclasa e anortita) e unha rocha granítica como é o granito gráfico. 

Tamén estreamos a ficha do Miradoiro de Monteporreiro, un lugar clásico da zona á marxe do río Lérez.

E por último a Ruta do Monte Seixo: lugar coñecido da provincia de Pontevedra cheo de lendas e historias. Nesta ruta incorporamos partes dun documental moi recomendable sobre as lendas e tradicións do lugar.

 


Esta páxina realizouse co propósito de achegar o coñecemento do medio no que habitamos a tódalas persoas da maneira máis sinxela.


E a vindeira semana:

O próximo venres, máis novidades, novas fichas e moitas fotos. Pero tamén haberá outra sorpresa:

Atopamos este grande mesado no bordo do Lérez. 
Terá uns 8 m2 de superficie e debaixo un oco de 30 cm de alto pero tan profundo como a pedra.
Cantas cousas ignoradas na nosa terra!

 

 

 

Seguiremos publicando máis artigos, estrearemos seccións, manteremos as investigacións sobre os elementos catalogados e moitas sorpresas, informacións e novidades co seguinte número o vindeiro venres.

Recorda, todo isto non será posible sen ti. Queres contidos de calidade, un catálogo completo en galego, rigoroso e moderno? Pois se podes, axuda.
Así que fai clic na imaxe e colabora :)
Ademais, poderás coñecer as nosas estreas antes que ninguén, participar en novidosos roteiros e moitas cousas máis.

NÚMEROS DISPOÑIBLES: 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
Siguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Barbas de raposo


Fotos destacadas
Amarelle


Ruta mais valorada
Outeiro dos Mouros pola rega do Inferno

Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do rio Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostrese a súa humanidade Son humano
    Suscribete a nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas maís.

     

    Son da Vella® Todolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)